martes, 17 de abril de 2018

ANIMAIS DA SELVA CON AROMÁTICAS

ESTA TAREFA FOI COMEZADA O CURSO PASADO, NO OBRADOIRO CUN GRUPO DO ALUMNADO DE REDUCIDA MOBILIDADE. FORMABA PARTE DO PROXECTO  "CHOCOLATA", NO OBRADOIRO, CON SOPORTE DE MADEIRA TRABALLÁRONSE OS ANIMAIS DA SELVA, AMIGOS DE CHOCOLATA, E AS PLANTAS AROMÁTICAS, CADA ANIMAL COA TEXTURA DUNHA PLANTA AROMÁTICA. ESTE CURSO CO MESMO GRUPO DE ALUMNADO REAMATOUSE A TAREFA E CREOUSE O VÍDEO E UN LIBRO QUE ACOMPAÑARÁ A ESTES ANIMAIS PARA TRABALLAR VOCABULARIO.

lunes, 16 de abril de 2018

SEMENTEIRA DAS PATACAS NO HORTO

O XOVES, DÍA 5 DE ABRIL, APROVEITANDO UNHA RAIOLA DE SOL, O ALUMNADO DO OBRADOIRO SEMENTOU AS PATACAS, CON AXUDA E REPASO DA PARTE PRÁCTICA

CHEGOU A PRIMAVERA AO PATIO

A CONTINUACIÓN UNHA MOSTRA DE COMO ATOPOU O ALUMNADO AS XARDINEIRAS DO PATIO DESPOIS DAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA, OS TULIPÁNS ESTABAN TODOS CON FERMOSAS FLORES, QUE AXIÑA HOUBO QUE RECOLLER E PLANTAR NOVAS PLANTIÑAS DE TEMPORADA, PETUNIAS, SURFINIAS E CAPUCHINAS. O ALUMNADO DO OBRADOIRO COLABOROU MOITO.

viernes, 6 de abril de 2018

RESUMO TAREFAS OBRADOIRO 2º TRIMESTRE

AO LONGO DO SEGUNDO TRIMESTRE, POR MOR DAS CONDICIÓNS METEREOLÓXICAS E OS GRUPOS DE ALUMNADO, AS TAREFAS SO OBRADOIRO REDUCIDAS AOS ESPAZOS INTERIORES, PATIOA E AULA.


jueves, 1 de febrero de 2018

AS NOSAS SEMENTES MEDRAN

Á VOLTA DAS VACACIÓNS DE NADAL, TANTO A HORTA COMA AS MESAS DE CULTIVO E MACETAS ESTABAN BEN FERMOSAS COAS SÚAS SEMENTES BROTANDO E MEDRANDO. AQUÍ QUEDA UNHA MOSTRA NA SEGUINTE PRESENTACIÓN:

lunes, 11 de diciembre de 2017

GALIÑAS 2017

ESTE CURSO, POR MOR DOS CAMBIOS NO  AGRUPAMENTO DO ALUMNADO E PROFESORADO, AS PUBLICACIÓNS VAN CUN CHISCO DE RETRASO. 
POUCO A POUCO IRANSE ACTUALIZANDO AS ENTRADAS.
DESTA CHEGA A PRESENTACIÓN DAS DÚAS GALIÑAS QUE ESTE CURSO OCUPARÁN O GALIÑEIRO. 
SON ABRAZO E BICO, O ALUMNADO DO PFB ELIXIU ESTES NOMES POLO AGARIMOSAS QUE SON, E PARA MOSTRA A SEGUINTE PRESENTACIÓN.