miércoles, 15 de mayo de 2013

EVOLUCIÓN DA DESCENDENCIA DE BURBULLA


No seguinte vídeo podese observar como está a descendencia da nosa coella Burbulla no seu cocho. 

TRABALLO SOBRE O BISCOITO DE CHOCOLATE
Trala tarefa levada a cabo coa elaboración do biscoito, o alumnado da Aula 10 realizou unha presentación explicando o proceso, coa axuda das fotos tomadas. 

viernes, 10 de mayo de 2013

A DESCENDENCIA DE BURBULLA
Despois dun mes dende a chegada de Burbulla ao centro, este luns pola mañá atopámonos coa sorpresa. Burbulla estaba  rematando de parir a súa primeira camada. Estaba arrancando o seu pelo para tapar e protexer aos seus catro coelliños.  Nestes días o alumnado só se achegou para comprobar que o pelo se movía e darlle de comer a Burbulla. Agardamos na vindeira semana poder destapalos e acariñalos. 
Mentres a seguinte presentación:

A NOSA HORTA
A primavera vai avanzando, e con ela, a nosa horta; por fin, a choiva escampa e a caloriña axuda a medrar as nosas verduras.
Nestes días fóronse aproveitando os ocos de bo tempo para ir trasladando os froitos dos sementeiros á horta (fabas, garavanzos, cabazas, millo, leitugas, verza).
 Despois dun inverno tan abundante en choiva, a terra que se preparara no outono quedou compactada e imposible para o cultivo, por iso unha axuda moi importante foi a adquisición do motocultor eléctrico, co que se fresou a terra da horta, e así coa colaboración do noso alumnado foise levando a cabo a transplanta.
Na seguinte presentación pódese ver a evolución da nosa horta.