viernes, 10 de mayo de 2013

A NOSA HORTA
A primavera vai avanzando, e con ela, a nosa horta; por fin, a choiva escampa e a caloriña axuda a medrar as nosas verduras.
Nestes días fóronse aproveitando os ocos de bo tempo para ir trasladando os froitos dos sementeiros á horta (fabas, garavanzos, cabazas, millo, leitugas, verza).
 Despois dun inverno tan abundante en choiva, a terra que se preparara no outono quedou compactada e imposible para o cultivo, por iso unha axuda moi importante foi a adquisición do motocultor eléctrico, co que se fresou a terra da horta, e así coa colaboración do noso alumnado foise levando a cabo a transplanta.
Na seguinte presentación pódese ver a evolución da nosa horta.
video

No hay comentarios:

Publicar un comentario