martes, 1 de diciembre de 2015

O POLIÑO MEDRA

O POLIÑO VAI MEDRANDO COS COIDADOS QUE O ALUMNADO LLE VAI DANDO DÍA A DÍA, BAIXO A DIRECCIÓN DOS EDUCADORES E MESTRES.
UN ADIANTO MENTRES O ALUMNADO ATOPA NOME, AGARDANDO SABER SE VAI SER MOZO OU MOZA.

 









miércoles, 25 de noviembre de 2015

CHOCANDO OVOS

O PASADO 29 DE SETEMBRO, UN GRUPO DO ALUMNADO DO INTERNADO BAIXO A DIRECCIÓN DOS EDUCADORES DO CENTRO, PUXO EN MARCHA A INCUBADORA. PRIMEIRO COLOCARON DOUS OVOS DE OCA E O DÍA 8 DE OUTUBRO ENGADIRON CINCO OVOS DE GALIÑA. 
TODAS  AS TARDES ESTE GRUPO CONTROLABA A TEMPERATURA E HUMIDADE DA INCUBADORA, ADEMAIS DE XIRAR OS OVOS. TAMÉN ÍAN ANOTANDO NO CALENDARIO O PASO DOS DÍAS, ATA QUE O 28 DE OUTUBRO COMPROBARON QUE SÓ UN POLIÑO NACÍA. UN POLIÑO DE GALIÑA DE COR NEGRA QUE AXIÑA SE IRÁ VENDO O SEU CRECEMENTO E BAUTIZO.
video

viernes, 6 de noviembre de 2015

ESTAMOS DE VOLTA

BENVIDOS E BENVIDAS A UN NOVO CURSO, CUN CHISCO DE RETRASO, MAIS POUCO A POUCO IRASE ACTUALIZANDO, CON NOVAS DAS ACTIVIDADES DO TALLER COMO SE VEN FACENDO CADA CURSO.
A CONTINUACIÓN A CHEGADA ESTE CURSO DOS ANIMALIÑOS, QUE VIVEN NO GALIÑEIRO DO CENTRO, E COMO TRABALLA O ALUMNADO CON ELES.
video

lunes, 25 de mayo de 2015

NOVA DESCENDENCIA DA COELLA Mª ISABEL


O PASADO XOVES, DÍA 19 DE MAIO, A COELLA, Mª ISABEL, FOI MAMÁ OUTRA VEZ ESTE CURSO. A CONTINUACIÓN A MOSTRA DESTE PROCESO, COMO COMEZOU A FACER O SEU NIÑO, CON HERBA E CO SEU PELO, DESPOIS DO NACEMENTO TAPOU OS COELLIÑOS CON MÁIS PELO PARA QUE NON SE ARREFRIEN; E ESTE LUNS XA OBSERVAMOS COMO SE MOVEN E XOGAN. SEGUIREMOS A SÚA EVOLUCIÓN.


jueves, 26 de febrero de 2015

NEVE NO CEE MIÑO

O PASADO DÍA 10 DE FEBREIRO, APROVEITANDO A NEVADA NAS MONTAÑAS DE OURENSE NESA SEMANA, LEVÓUSELLE AO ALUMNADO DA AULA 10 UNHA BOLSA DE NEVE PARA EXPERIMENTAR CON ELA. O RESULTADO PODE VERSE NA SEGUINTE PRESENTACIÓN:

video

AUMENTA A FAMILIA


O PASADO DÍA 9 DE FEBREIRO AUMENTOU A FAMILIA DOS NOSOS COELLOS, A CONTINUACIÓN A SÚA PRESENTACIÓN:

video