sábado, 3 de junio de 2017

VOZ NATURA 2017. AGRICULTURA ECOLÓXICA: INICIACIÓN.

UN ANO MÁIS O CEE MIÑO PARTICIPA NO PROGRAMA VOZ NATURA, O TEMA DE TRABALLO ELEXIDO FOI, "AGRICULTURA ECOLÓXICA: INICIACIÓN". ESTE ANO O PROGRAMA CELEBRA O SEU VINTE ANIVERSARIO. 
E, COMO CADA ANO, ESTE SÁBADO 3 DE XUÑO É A DATA ELIXIDA PARA CELEBRAR O 20 ANIVERSARIO DO PROGRAMA MEDIOAMBIENTAL VOZ NATURA NO PARQUE DE ACEA DE AMA, EN CULLEREDO. A FESTA SERÁ ESPECIAL, ADEMAIS DE CELEBRAR A FIN DE CURSO CONMEMORÁRASE O NACEMENTO EN 1997-1998 DO PROGRAMA DE EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL DA VOZ DE GALICIA DESENVOLVIDO POLA FUNDACIÓN SANTIAGO REY FERNÁNDEZ-LA TORRE.
DENDE A SÚA POSTA EN MARCHA, ESTA INICIATIVA DESENVOLVEU MÁIS DE 4.000 PROXECTOS POR TODA A XEOGRAFÍA GALEGA, GRAZAS Á PARTICIPACIÓN DE 700.000 ESTUDANTES E MÁIS DE 33.000 PROFESORES. CON ESTE MOTIVO, ESTA EDICIÓN RECORDOU OS CINCO GRANDES TEMAS QUE SE TRABALLARON NESTAS DÚAS DÉCADAS: A LOITA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS, AS REFORESTACIÓNS, A LIMPEZA DE ZONAS DEGRADADAS, A RECICLAXE E OS HORTOS ESCOLARES. 
OS TRABALLOS LEVADOS A CABO DURANTE ESTE CURSO PODERÁN VERSE MAÑA DURANTE A FESTA.
A FESTA COMEZARÁ ÁS 11.00 DA MAÑÁ E CONTINUARÁ ATA ÁS 19.30. 
COMA EN ANOS ANTERIORES, INCLUIRÁ NUMEROSAS ACTIVIDADES LÚDICAS E DEPORTIVAS, ASÍ COMA INCHABLES, TALLERES, ACTUACIÓNS...

A CONTINUACIÓN O PANEL RESUMO DAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO, AO LONGO DO CURSO, NO CEE MIÑO POR MEMBROS DO ALUMNADO, E QUE FOI ENVIADO Á FESTA.



viernes, 19 de mayo de 2017

SORPRESA NO GALIÑEIRO

O PASADO LUNS POLA MAÑÁ AO CHEGAR AO CENTRO, O ALUMNADO DO PFB ATOPOUSE CUNHA GRAN SORPRESA CANDO VISITARON AOS ANIMALIÑOS, QUE VIVEN NUN DOS XARDÍNS, COELLOS E GALIÑAS, E QUE ELES COIDAN A DIARIO. 
NA CASIÑA DOS COELLOS AUMENTARA A FAMILIA, A MAMÁ COELLA TIÑA AO SEU CARÓN NOVE CAZAPOS.
E NA CASIÑA DAS GALIÑAS UNHA GRAN PRODUCIÓN DE OVOS.
QUE BOAS TORTILLAS VAN FACER ESTES RAPACES, BO PROVEITO!!



martes, 9 de mayo de 2017

PROGRAMA FORMATIVO BÁSICO. O DÍA A DÍA

MOI POUQUIÑO A POUQUIÑO, E COA AXUDA DO TALLER EXPLORAMOS COS SENTIDOS, O ALUMNADO DO PROGRAMA, DÍA A DÍA, PARTICIPA E DISFRUTA DO COIDADO E A ALIMENTACIÓN DOS ANIMAIS. NESTE TRIMESTRE PUIDERON VER COMO FOI MEDRANDO UNHA CAMADA DE CAZAPOS E A CANTIDADE DE OVOS DESPOIS DUNS DÍAS SEN ESCOLA. 

 
O DIA A DÍA from Taller CEE Miño on Vimeo.

lunes, 8 de mayo de 2017

SEMENTEIRA DAS PATACAS

ALUMNOS DO INTERNADO CUN DOS SEUS EDUCADORES FACENDO A SEMENTEIRA DAS PATACAS. 

SEMENTEIRA DAS PATACAS from Taller CEE Miño on Vimeo.

TAREFAS DA HORTA

AO LONGO DO SEGUNDO TRIMESTRE DO CURSO E EN TEMPORADA DE INVERNO O ALUMNADO PUIDO PARTICIPAR DAS DIVERSAS TAREFAS (PLANTAR, SEMENTAR, TRANSPLANTAR, REGAR, ...) QUE SE LEVAN A CABO NA HORTA E ADEMAIS AO AIRE LIBRE. DESEGUIDO PODEDES VER UNHA MOSTRA.

exploramos from Taller CEE Miño on Vimeo.

jueves, 9 de marzo de 2017

jueves, 23 de febrero de 2017

UNHA TAREFA MÁIS

O ALUMNADO DO PFB EN COLABORACIÓN CO ALUMNADO DO TALLER EXPLORAMOS COS SENTIDOS RECOLLEN OS OVOS, CONTAN E REPARTEN OS VENRES PARA LEVAR AS SÚAS CASAS.