PRESENTACIÓN


Benvidos e benvidas ao noso blog, no que trataremos de amosar as nosas experiencias e aprendizaxes a través da Natureza.
EXPLORAMOS COS SENTIDOS,  é  un dos talleres que se levan a cabo polas tardes, no que participa todo o alumnado do centro, organizados por grupos e por trimestres.
Trala experiencia do curso pasado traballando no taller “O eido” con todo o alumnado do centro, este ano propuxemos chamalo “Exploramos cos sentidos” para que nos englobe contidos e actividades dirixidas a totalidade do alumnado, cun obxectivo xeral para todos: axudar no seu desenvolvemento estimulando os sentidos.
Seguiremos traballando a horta e o xardín con aqueles grupos con máis autonomía e utilizaremos toda clase de produtos e derivados da horta e xardín (froitas, verduras, herbas aromáticas, árbores, arbustos, …) para desenvolver actividades multisensoriais cos demais grupos.
Ademais neste curso académico 2012/13 da comezo no centro un Programa de Cualificación Profesional Inicial de Xardinaría e Viveirismo (modalidade A – réxime ordinario) que se regula pola Orde do 13 de xullo de 2011 e pola Resolución do 27 de xuño de 2008 na que se establece o perfil de dito programa); complementando así neste taller a súa formación.
Dende o taller “Exploramos cos sentidos” tamén  participamos no programa de Voz Natura co proxecto “Naturmiño busca alternativas” que nesta edición número  XVI, estará dedicado a protección do medio ambiente aforrando enerxía e apostando pola substentabilidade.
Aproveitando que o noso centro dispón de zonas axardinadas por dentro e por fora, a nosa intención é que os alumnos sexan os protagonistas directos de todo o proceso: coa limpeza da herba, a poda, ..e dicir a limpeza en xeral. Así como posteriormente a plantación de distintas especies autóctonas de xardín, de horto e aromáticas; empregando utensilios de materiais de reciclado.
Como novidade pretendemos prescindir do uso de farois de alimentación eléctrica que están nos distintos patios axardinados e que substituiremos coa colocación de apliques, balizas e outros elementos, todos eles solares.
Continuando coa intención de defender o medio ambiente e fomentar o emprego das enerxías alternativas e de xeito experimental adaptaremos  farol convencional de alimentación solar adaptándolle un panel solar para que ilumine o aparcamento do colexio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario